Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca RIBEIRASACRAXAComarca SARRIAXAComarca TERRACHÁXA

Os socialistas presentan enmendas dos orzamentos da Xunta por máis de 60 millóns

Por 25 Novembro, 2022Sin comentarios

O secretario Xeral do Partido Socialista na provincia de Lugo, José Tomé Roca dixo que “son inversións para proxectos concretos como a VAC Costa Norte, o desdobramento do corredor Lugo-Monforte, para polígonos industriais, así como a dotación e mellora de redes de saneamento e abastecemento ou para servizos públicos básicos”.

O secretario Xeral do Partido Socialista na provincia de Lugo, José Tomé Roca, avanzou este xoves que o Grupo Socialista defenderá emendas aos presupostos da Xunta para a provincia de Lugo, que suman investimentos por máis de 60,4 millóns de euros. “Son inversións para proxectos concretos que tentan corrixir e paliar as graves carencias da nosa provincia, como por exemplo a VAC Costa Norte, o desdobramento do corredor Lugo-Monforte, para polígonos industriais, así como a dotación e mellora de redes de saneamento e abastecemento ou para servizos públicos básicos”, relatou.

Tomé Roca fixo estas declaracións durante a rolda de prensa que ofreceu na sede do partido, xunto ao voceiro socialista no Parlamento de Galicia, Luis Álvarez, e a deputada autonómica Patricia Otero. “Estas carencias son o resultado dunha xestión ineficaz e claramente sectaria, como por exemplo no tocante ás infraestruturas, xa que estamos falando das mesmas obras que hai 13 anos, porque a Xunta non fixo practicamente nada”.

O secretario Xeral do PSdeG na provincia dixo ademais que o Goberno do PP é insensible nos concellos onde non goberna. “A realidade é que onde goberna o PSOE ás sociedades avanzan e onde goberna o PP estancase”, e puxo como exemplo a provincia de Ourense, “que esta á cola de Galicia e non é exemplo de nada”, dixo o líder socialista.

O voceiro do Grupo Parlamentario do PSdeG, Luis Álvarez, afirmou que os orzamentos da Xunta “non dan resposta aos graves problemas da provincia, como a dispersión poboación ou ao despoboamento”. Ademais tamén aludiu a caótica situación da atención primaria na provincia “estamos vendo como día tras dia hai problemas sanitarios en tódolos centros de saúde, e aínda encima temos que escoitar as explicacións do presidente da Xunta, nas que sinala que en Viveiro, Monforte ou na Fonsagrada hai problemas puntuais. Este é o goberno do PP para a provincia de Lugo”, replicou.

Os orzamentos do PP non resolven os problemas

Explicou que os orzamentos do PP para a provincia “non resolven os problemas nin da sanidade, nin no ámbito educativo”. Ademais lembrou que quen impulsa as políticas sociais na provincia de Lugo é o Goberno da Deputación, que preside José Tomé. “Si a día de hoxe están resoltas as prazas en residencias para persoas para maiores é grazas á Deputación de Lugo”. Sinalou que no ano 2017, o daquela presidente Núñez Feijóo, “agora fracasado líder do PP, anunciou 7 residencias para Galicia e non hai nin a primeira”, criticou.

Luis Álvarez aludiu ao feito que tanto na provincia de Lugo como na de Ourense, “contas coas pensións máis baixas de todo Estado”. E contrapuxo esta situación a que o Goberno de Alfonso Rueda “vai eliminar un imposto para 7.700 persoas máis ricas de toda Galicia, polo tanto así non podemos aspirar a ter un goberno que resolva os problemas dos lucenses”.

A deputada Autonómica, Patricia Otero sinalou que o Grupo Socialista presentou emendas para mellorar a formación, a orientación e a capacitación laboral dos lucenses, incluídos no Pacto polo Emprego “tan necesarios na nosa provincia”. Ademais, a Xunta tamén esquece que ten competencias en materia industrial “co tema de Alcoa sempre comprobamos como utilizaron este asunto para confrontar co Goberno do Estado, pero non podemos esquecer que a Xunta ten materia exclusiva e pode face moito por salvar esta planta”. Por iso anunciou “unha partida moi importante de axudas en materia electrointensiva, a ver que fai o PP con esta proposta”.

A deputada Autonómica, Patricia Otero, anunciou unha partida “moi importante de axudas ás electrointensivas das que se pode beneficiar Alcoa, a ver que fai o PP con esta proposta”.

Infraestruturas paralizadas

No tocante ás infraestruturas “volvemos a emendar para a posta en marcha da VAC Costra Norte, un proxecto completamente esquecido polo PP. Ou desdobramento total do Corredor Nadela-Monforte, ou a Porto Seco de Monforte”. Tamén hai outras propostas incluídas en Augas de Galicia “xa que comprobamos si o Concello é do PP a competencia no que atinxe ao saneamento e depuración é da Xunta, pero si o concello é do PSOE a competencia é municipal e ten que arranxalo o Concello, con recursos propios”. Tamén aparecen outras novas propostas como o Auditorio de Foz, “un concello moi grande que non conta con esta dotación”. 

Falla de respecto institucional

O secretario Xeral do PSdeG na provincia, José Tomé Roca tamén fixo público nesta rolda de prensa o seu malestar pola falta de respecto e deslealdade institucional “intolerable” da Xunta por non convidar á institución provincial á inauguración celebrada onte dun tramo da autovía Lugo-Sarria.

“Hoxe trasladeille ao presidente Alfonso Rueda o meu malestar por esta situación, xa que é unha deslealdade institucional que a Xunta de Galicia non invite á Deputación. Estou convencido de que Rueda non ten nada que ver neste asunto, pero igual ten que preguntarlle a súa Conselleira de Infraestruturas por que toma este tipo de decisións”, dixo. Tamén o vicepresidente primeiro da Xunta estivo hai pouco tempo en Monforte “repartindo bonos ó comercio e non avisou ó Concello, pero si estaban concelleiros do PP. Se foran bonos do PP, vería normal que estiveran concelleiros dese partido, pero son fondos públicos da Xunta”, asegurou Tomé, quen recalcou que este tipo de prácticas e “ninguneo” “non son un exemplo para a vida pública”.

Exemplos das emendas na provincia de Lugo

Por citar algúns dos exemplos máis destacados das emendas que presentamos. En infraestruturas, reclaman:

  • 5M€ para a Vía de Alta Capacidade Costa Norte
  • 3M€ para o desdobramento total do corredor Lugo-Monforte;
  • 200.000€ para o acondicionamento da estrada LU-530 de Lugo á Fonsagrada
  • 1M€ para o acceso á intermodal de Monforte
  • A última fase da dotación de beirarrúas en Cangas de Foz
  • Ou o arranxo da LU-611 no Saviñao.

En materia industrial, por exemplo, pedimos 200.000 euros para a ampliación do polígono industrial dos Acivros, en Chantada, ou 160.000 euros para a mellora dos viais no polígono Sete Pontes de Vilalba.

En materia de infraestruturas de saneamento ou abastecemento, un ámbito con grandes necesidades pendentes, solicitamos fondos para obras como a construción de EDAR en Antas de Ulla, en Trabada, en San Miguel de Reinante (Barreiros) ou a ampliación da de Monforte; para a mellora da rede de captación e subministro de Vilalba, ou para a separación de pluviais en Alfoz, entre outras actuacións.

En canto a servizos públicos básicos, como a educación, a sanidade ou os servizos sociais, figuran emendas para a rehabilitación do CEIP Fondo Nois en Foz, unha escola infantil para Monforte; a construción de centros de día en Antas de Ulla ou Bóveda; a recuperación da atención presencial no centro de saúde de Barreiros; máis médicos para o PAC de Chantada; ou a dotación dunha nova ambulancia medicalizada para A Mariña.

Polo que respecta ós sectores produtivos, as emendas prestan especial atención ás necesidades do noso sector primario, con 6,7M€ para axudas ós produtores de carne, tan afectados polo incremento do prezo das forraxes derivado da guerra de Ucraína, e ata 4,5M€ en axudas en diferentes programas de emprego, comercialización e seguros de mal tempo para a Pesca.

E para facer fronte ó impacto dos lumes forestais, que acadaron dimensións de récord este verán, propoñemos ata 3,7M€, en axudas para a mellora das masas forestais e prevención dos danos.