Skip to main content
Baleira

A partir de mañá a estrada provincial de Martín, en Baleira, permanecerá cortada

Por 14 Novembro, 2022Sin comentarios

A vía provincial LU-P-5401, que une Boel coa estrada de Meira ao Cádavo, á altura da Muíña, por Martín, permanecerá cortada dende o vindeiro martes, 15 de novembro, e durante un mes á altura do punto quilométrico 9,200.

A interrupción da circulación permitirá levar a cabo os traballos necesarios para reparar o afundimento da calzada debido a unha rotura do terraplén que tivo lugar esta mesma semana. Os cortes estarán debidamente sinalizados para que os usuarios e usuarias da estrada poidan tomar desvíos alternativos.