Skip to main content
Baralla

Baralla celebra este sábado o magosto

Por 9 Novembro, 2022Novembro 25th, 2022Sin comentarios

O Concello de Baralla e a Asociación Airiños do Neira organizan un magosto para este sábado 12 de novembro.

A festa dará comezo a partir das 21.00 na praza da vila na que estará instalada unha carpa.

Para comer os asistentes poderán desfrutar de castañas asadas, liscos, empanada e lacón e todo acompañado de viño, refrescos e queimada.

A noite estará amenizada con música e baile a cargo da asociación Airiños do Neira.