Skip to main content
Axenda CaducadaBecerreá

Imparten en Becerreá un curso práctico de aplicacións cartográficas en teléfono móbil para ámbito agroforestal

Por 16 Novembro, 2022Sin comentarios

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, ten previsto celebrar en Becerreá un curso práctico de aplicacións cartográficas en teléfono móbil para o ámbito agroforestal.

O obradoiro celebrarase no Centro de Formación e Experimentación Agraria de alta montaña de Becerreá a partir do vindeiro luns 21 de novembro en horario de 16.00 a 21.20 horas.

O obxectivo desta formación é que os alumnos obteñan os coñecementos necesarios para empregar OruxMaps e IGN-Mapas de España na definición das súas rutas e traxectos no acotamento dos terreos sobre os que traballen e na realización de operacións planimétricas.

Este curso está dirixido á xuventude do medio rural galego, así como ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e de cadea forestal-madeira. Cómpre lembrar que a

Nesta páxina pode atoparse o referido curso e facer a pre-inscrición en liña cubrindo os datos necesarios. O coordinador porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolles se están ou non admitidas. Para consultar calquera
dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 828 367, ou enviar un correo a cfea.becerrea@xunta.gal.