Skip to main content
Castroverde

O Concello de Castroverde organiza un concurso de decoración de escaparates

Por 25 Novembro, 2022Sin comentarios

O Concello de Castroverde convoca un concurso de Escaparates de Nadal co obxectivo primordial de potenciar a imaxe dos establecementos comerciais a través dos seus escaparates durante as festas de Nadal e contribuir á mellora da ambientación das rúas comerciais.

Poderán participar neste concurso todos os establecementos comerciais do municipio de Castroverde que teñan escaparate exposto á rúa. Cada establecemento só poderá participar no concurso con un único escaparate e a decoración dos escaparates mostrarán unha composición ou ambiente propio do Nadal, sendo de total liberdade a técnica e o estilo utilizado.

Os interesados en participar neste concurso deberán realizar a súa inscrición a través dun formulario e presentarase tamén unha ou varias fotografías en formato dixital da decoración do seu escaparate e presentarase nas oficinas do concello como data límite o 16 de decembro. Así mesmo no momento de presentar a solicitude de inscrición cada comercio recibirá un cartel anunciador que o acredita como participante neste concurso

A decoración do escaparate deberá manterse dende o día 16 de decembro ata o 7 de xaneiro. Os comercios participantes optarán a tres premios, un primeiro premio de 300€, un segundo premio de 200€  e un terceiro premio de 100 €, todos eles acompañados de diploma acreditativo. O premio terá que ser invertido en un ou varios dos comercios participantes no concurso de escaparates deste ano.