Skip to main content
Axenda CaducadaO Corgo

Arumes do Corgo convoca a XVI edición do certame literario Terras de Chamoso

Por 1 Novembro, 2022Novembro 2nd, 2022Sin comentarios

Por décimo sexto ano a Asociación Cultural Arumes do Corgo, coa colaboración da Deputación de Lugo e a Asociación Cultural A Legua Dereita, convoca o XVI edición do certame literario Terras de Chamoso, no que quere premiar a todos os autores que expresen no papel os seus sentimentos empregando como ferramenta a lingua do país.

Unha iniciativa pioneira no Corgo e nos concellos da contorna que debido á alta participación, á calidade dos traballos e á valía do xurado estase a converter nun certame literario recoñecido a nivel galego.

As poesías e relatos do certame teñen como única condición estar escritos en lingua galega, e consta de varias categorías, infantil, dos 10 aos 13 anos; xuvenil, dos 14 aos 18 anos; e adulto, maiores de 18.

As persoas interesadas poderán participar dentro de dúas modalidades diferentes. A primeira poesía de 30 a 60 versos e a segunda relato curto de 3 a 6 folios escritos a dobre espazo.

Os premios consisten nunha figura de cerámica do país, un lote de libros e o correspondente diploma. Haberá un premio especial A Legua Dereita na categoría infantil para aqueles relatos curtos que poñan en valor a cultura tradicional galega.

Cada participante poderá presentar varios traballos, non premiados noutros certames literarios, e deberán entregalos mecanografados indicando a categoría, modalidade, título e pseudónimo e achegando nun sobre pechado a información persoal a dirección A. C. Arumes do Corgo. Antigas escolas do Corgo s/n, 27.163 O Corgo (Lugo) ou ao correo arumescorgo@gmail.com.

O prazo de entrega rematará o día 27 de novembro de 2021 e o acto de entrega dos premios será o 17 de decembro. Para calquera dúbida relacionada co certame literario enviar un correo a arumescorgo@gmail.com.