Skip to main content
O Corgo

O BNG impulsa a urbanización e a mellora na seguridade na N-VI ao seu paso polo Corgo

Por 14 Novembro, 2022Sin comentarios

O Bloque Nacionalista Galego no Corgo impulsa a urbanización e a mellora da seguridade na N-VI. Esta iniciativa fomentarase a través das emendas aos orzamentos do Estado da man do deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego.

Nesta iniciativa proponse a colocación de beirarrúas, pasos de peóns elevados, a instalación de semáforos ou a construción dunha rotonda na altura do quilómetro 487 (entre o centro de saúde e a igrexa) como solución para eliminar o cruze conflictivo que existe agora, tanto para peóns como para vehículos.

Pilar Bellón, concelleira do BNG no Corgo, destacou a necesidade deste proxecto ”desde o BNG defendemos que é vital que a veciñanza conte cun entorno seguro no que poida desprazarse sen problemas, onde ir ao médico ou arranxar un trámite non poña en risco a vida das persoas, xa que agora carecemos en moitos puntos de beirarrúas e medidas de seguridade para movernos”

Neste sentido, a concelleira do BNG fixo fincapé “é preciso consignar xa unha dotación orzamentaria para esta actuación, por isto, o noso compañeiro Néstor Rego achegará esta demanda a través das emendas que o BNG presentará aos orzamentos do Estado”