Skip to main content
A FonsagradaAxenda Caducada

O teatro afeccionado chega mañá ó Corgo

Por 11 Novembro, 2022Sin comentarios

O Cicuíto de Teatro Afeccionado, que iniciou xa unha nova tempada, fará a súa parada este sábado no Corgo.

O grupo A Adala representará a comedia Vivan os noivos. A actuación será este sábado 12 ás 20.30 horas no Local Socila Cela

A obra conta a historia de Olegario e Olvido, un matrimonio que está a facer fronte ao coidado dos seu respectivos pais xa maiores, Lisarda e Casimiro.

Ambos pasan o  día a competir e discutir.  Tanto discuten, que os fillos deciden levalos a  unha residencia. Unha vez alí, ante a falta de atención dos fillos e a  sospeita de que estes soamente pensan na herdanza, únense, convertíndose en apoio o un do outro.

Finalmente, como o roce fai o cariño, decidiron marchar da residencia  para gozar xuntos dos seus aforros e vivir  plenamente o seu amor.

O Corgo acollerá durante tres sábados máis estas representacións teatrais. O sábado 19 de novembro terá lugar a representación de A tortilla e a peste da compañía Nova Escena,  o sábado 3 de decembro A morte morrida do grupo O Centiño e o sábado 10 de decembro Contos da compañía Chinchiribote.