Skip to main content
Axenda CaducadaGuntín

Guntín acolle mañá o Concerto de Santa Icía

Por 25 Novembro, 2022Sin comentarios

O Concello de Guntín organiza mañá sábado 26 de novembro o Concerto de Santa Icía no salón de actos da Casa da Cultura.

Haberá unha misa solemne ás 19.30 e a continuación terá lugar o concerto no que participarán os alumnos da escola de música, os alumnos de batucada, a Coral Polifónica de Guntín e a Banda Municipal de Guntín.