Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

O Vello Cárcere acolle o próximo martes a presentación do libro Algoritmos

Por 4 Novembro, 2022Novembro 8th, 2022Sin comentarios

O Vello Cárcere acolle o vindeiro martes 8 de novembro a presentación do libro Algoritmos do escritor Xavier Queipo. O acto terá lugar ás 19.00 e o autor estará acompañado polo poeta e filósofo Abraham Pérez.

O escritor Xavier Queipo recibiu o premio da Crítica Española 1991 por Ártico e outros mares un libro de relatos, no 2014 obtivo o Premio Nacional de Tradución do Ministerio de Cultura polo Ulysses de James Joyce traducido ao galego en colaboración e os premios Fervenzas literarias por votación popular dos lectores; Premio da Asociación galega de editores (AGE); Premio da asociación de escritores en lingua galega e Premio da asociación de libreiros galegos. Membro fundador do ‘Collectif des poètes de Bruxelles (2007-2022) e do Brussels Writers Circle (2019-2022)

Como poeta ten publicado títulos coma  Nos dominios de Leviatán, Glosarios, Pegadas, Os mortos da rúa/Les morts de la rue ou Todo vai de ondas.

Dentro das súas obras de narrativa destacan títulos coma  O Paso do Noroeste gañadora do Premio García Barros, Os ciclos do bambú, Extramunde, Corazón de Manteiga ou Final Feliz.