Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca TERRACHÁXALugo

García Porto clausura o congreso sobre o Life da Serra do Xistral

Por 10 Novembro, 2022Sin comentarios

Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, clausurou este mércores no Pazo de San Marcos o congreso que pon o colofón ao programa Life in Common Land, un proxecto liderado pola institución provincial, coa colaboración das universidades de Santiago de Compostela e da Coruña, que ten como obxectivo favorecer a conservación dos hábitats característicos e o aproveitamento sostible da riqueza ambiental da Serra do Xistral, un territorio integrado na Rede Natura 2000 e Reserva da Biosfera Terras do Miño.

García Porto reivindicou a “capacidade” das entidades locais “para xestionar con transparencia e eficacia os fondos europeos”. “A administración local non é unha sorte de irmá pequena ou unha administración de segunda. Ben ao contrario, é o terminal último garante que as directrices europeas se convertan en realidade”. Polo tanto, subliñou, “incrementar o fluxo de recursos a disposición das entidades locais -con criterios de racionalidade e control, por suposto- resulta fundamental para garantir o éxito das políticas de recuperación do territorio e de loita contra o reto demográfico”. Entre outras moitas conclusións, o traballo desenvolvido no marco do Life in Common Land e no propio congreso clausurado hoxe “facilítanos argumentos para soster esta reivindicación”, destacou a Deputada.