Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

O ciclo ‘Cinema no Cárcere’ da comezo mañá

Por 15 Novembro, 2022Novembro 16th, 2022Sin comentarios

O ciclo Cinema no Cárcere achegará tres proxeccións de cinema cunha gran carga social ó Vello Cárcere durante o mes de novembro. Maite Ferreiro explicou que “buscamos achegar á veciñanza distintos puntos de vista de cuestións que deixan e deixaron pegada na sociedade, como a situación no rural, a violencia vicaria ou a represión durante o franquismo”.

O ciclo Cinema no Cárcere terá lugar os días 16, 23 e 29 de novembro no auditorio do Vello Cárcere. Todas as proxeccións comezarán ás 20:30 e serán de acceso libre ata completar a cabida do recinto.

Mañá, 16 de novembro, terá lugar a proxección Verbas e Memoria, miña tía Elena do director Breixo Llano. Esta curtametraxe documental narra, mediante as verbas de Elena, diversos aspectos da vida cotiá da Galiza da súa xuventude.
Dividido en cinco partes, é un retrato do mundo rural a través do tempo; con lembranzas sobre o clima, a igrexa, a emigración, a escola ou as festas parroquiais.

Para o 23 de novembro proxectarase Onde máis doe da directora Manane Rodríguez. Despois de ameazar durante anos á súa exparella, Marcos M. asasina a golpes ó seu fillo de 11 anos. Un ano despois un xurado popular condenao por asasinato, matar facendo uso pleno das súas facultades, e determina que o crime contra o neno non buscaba outra cousa que castigar á nai. No feito no que nos baseamos concorren a violencia, o acoso, o asasinato dun neno para danar á nai e a ameaza de morte que aínda pesa sobre a muller.

A  última proxección terña lugar o 29 de novembro e será O cárcere de curas  dos directores Oier Aranzabal, Ritxi Lizartza, David Pallarès. Esta última proxección narra a historia de catro sacerdotes presos no cárcere de curas de Zamora (1968-1976) que volven visitar a prisión onde foron condeados, nalgúns casos, a penas de máis de dez anos por denunciar a represión franquista nas súas misas. Foi precisamente Franco quen, utilizando o Concordato asinado co Vaticano, creou ese Cárcere Concordataria, a única do mundo para relixiosos. O documental narra a historia da viaxe real á que foron sometidos 53 relixiosos de Madrid, Galiza, Cataluña e País Vasco no seu traslado forzoso ó dito penal.