Skip to main content
Lugo

Candia busca impulsar a construción dunha nova Comisaría da Policía Nacional

Por 15 Novembro, 2022Sin comentarios

Elena Candia mantivo unha reunión nestes últimos días ca directiva da Asociación de Veciños da Residencia e cos sindicatos da policía nacional onde manifestou “o seu apoio a impulsar a construción da Comisaría da Policía Nacional”.

A alcaldable explicou que “o primeiro paso para avanzar nesta dotación é ter fondos e concretalo con nome e apelidos nos orzamentos do Estado para o vindeiro exercicio”. Nese senso, Candia solicita a Lara Méndez “unha implicación real” lembrándolle que “ten nas súas mans a posibilidade de traballar para conseguir dos seus en Madrid un compromiso político que se reflicta nos orzamentos”. Elena Candia xa avanzaba que “o PP presentará unha emenda para dar un pulo e avanzar neste proxecto reclamando o apoio dos socialistas”.

A segunda liña de traballo “depende unicamente da alcaldía” subliñaba a alcaldable do PP xa que “é preciso ofertar terreos municipais ao Ministerio, a ser posible no entorno do barrio da residencia, para construir a nova Comisaría da Policía Nacional de Lugo”.
A popular lembra que “existe un acordo unánime do pleno do Concello de Lugo no que se consensuou, por parte de todas as forzas políticas, facilitar ao Ministerio os terreos precisos para levar a cabo esta dotación”.

“Resulta moi revelador que despois de que transcorrisen 12 meses deste acordo non haxa novas, nin avances sobre esta cuestión”. Elena Candia cree que “esta inacción do goberno local de Lugo é un síntoma de que PSOE e BNG renuncian a construír unha nova Comisaría da Policía Nacional en Lugo”. Por este motivo a popular anunciou xunto co voceiro do Grupo Popular , Ramón Carballo, que “volverán a presentar no pleno deste mes de novembro unha iniciativa para que se informe de que pasos se deron no último ano para buscar os terreos que se precisan para ubicar esta dotación”.

Candia indica que a seguridade “debe ser unha prioridade” engadindo que “dotar de infraestruturas e servizos axeitadas aos policías nacionais é unha responsabilidade das administracións competentes”.