Skip to main content
Lugo

O Caudal Fest contará con Leiva na edición de 2023

Por 17 Novembro, 2022Sin comentarios

O Caudal Fest 2023 confirma a Leiva como novo cabeza de cartel para a súa quinta edición, a de 2023. O madrileño é un dos artistas máis demandados polo público de todo o país e máis respectados pola crítica e poñerá banda sonora a Lugo cun repertorio de máis de dúas décadas grazas a unha riquísima carreira en solitario e como líder de Pereza.

O Caudal Fest, que impulsa a Lugo no circuíto de festivais de verán, suma un novo artista ao seu cartel que, en 2023 se celebrará o 15 e 16 de setembro e acompañará ás primeiras confirmacións de bandas da quinta edición da #Últimagranfestadoverán.

Así, Leiva súmase aos artistas xa anunciados por Bring The Noise e o Concello de Lugo nesta edición. Vetusta Morla, como cabezas de cartel, a banda en castelán máis grande a nivel mundial na actualidade, será outro dos pratos fortes desta quinta edición. Éxitos como La Deriva, Copenhague, ou Valiente serán coreados polas miles de persoas que acudirán de novo a Caudal Fest.

Xunto a eles, outros grandes artistas do momento como son os cataláns Sidonie, clásicos do indie pop rock español cunha listaxe de grandes éxitos; Ojete Calor, coas súas letras cheas de humor, que enchen recinto polo que pasan desde hai varios meses; La La Love You, unha das bandas novas máis en auxe dos últimos anos con centos de miles de fans en toda España; ou ​​Berto, o dúo galego que revolucionou o panorama musical en 2021, que conta cunha das comunidades de fans máis activas da internet.

Dende hoxe están a disposición 1000 abonos ao prezo reducido de 49€ (máis gastos de xestión). Toda a información en www.caudalfest.es.