Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

Volve unha nova edición do ‘Divúlgat’ con monólogos sobre ciencia

Por 21 Novembro, 2022Sin comentarios

O evento de divulgación científica DivúlgaT  achegará á sociedade as liñas e proxectos de investigación que se están a desenvolver no Campus Terra da sede universitaria luguesa a través de dúas sesións de monólogos en galego programadas para os días 22 e 29 de novembro, a partir das 19.30 horas, na Casa do Saber.

A mocidade investigadora aproveitará estas intervencións para presentar os seus respectivos ámbitos de traballo e proxectos de I+D. A entrada é libre e de balde para todo o público interesado. Alejandro Cao Cancelas e Sandra Raposo García abrirán o próximo martes este menú de
petiscos de divulgación científica coa exposición Os perigos da auga. A morte na ría: o caso do berberecho de Arousa, é o título do monólogo que ofrecerá María Pampín Iglesias, a quen sucederá no escenario Inés Martínez Sambade co relato Detección de marcas de resistencia e parasitos en ostra plana.

O monólogo de Fernando Vázquez Miranda Pesos sentinela de canais de vacún sacrificados en matadoiro, e os relatos Que non che dean galego por francés!Anatomía do pracer, Zombis, enfermidades e cairomonas e Gatos, embarazadas e ratos zombis, que terán como Pablo Sánchez Quinteiro e David García Dios, completan o programa da primeira sesión do ciclo DivúlgaT, un programa que promovido para divulgar a ciencia en lingua galega.

O programa continuará o 29 de novembro coa segunda e última sesión de petiscos de divulgación científica. Nerea Gandoy Fieiras abrirá o acto co relato Amor a primeira vista!, ao que seguirá a intervención de Adrián Casanova Chiclana E ti de quen vés sendo?, dille o xenetista á troita.

Os monólogos Migrantes audiovisuais e redes, da man de Daniel Manuel Vázquez Vila, e Incendios forestais e herbivorismo pírico, a cargo de María Rosa Mosquera, darán continuidade a unha sesión na que Gonzalo Pérez de Lis e Ana Paula Losada ofrecerán cadansúa charla baixo os títulos As árbores non poden correr, pero si adiantar a hora, e Megaestruturas dos organismos vivos: a saúde comeza no intestino.  O monólogo Unha vaca moi intelixente, a cargo de Uxía Yáñez Ramil, completará o programa de faladoiros desta nova edición do ciclo DivúlgaT.