Skip to main content
Lugo

Comeza o Nadal co acendido das luces

Por 23 Novembro, 2022Sin comentarios

Comeza a campaña de Nadal co acendido das luces na Praza de Abastos e no Mercado Municipal de Quirga Ballesteros. A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, afirmou que “co alumeado de Nadal queremos convidar á veciñanza de Lugo a que se achegue á Praza de Abastos e ao Mercado Municipal e que coñeza os produtos de primeira calidade que se venden nestas dúas instalacións históricas”.

O acto contou coa animación musical da agrupación Claustromusical e cunha degustación de productos dos distintos postos da Praza.

A Praza e o Mercado contan en total con 57 elementos decorativos, 12 arcos de luces no interior, 2 arcos na entrada da Praza e unha árbore central de 5 metros de altura. En total, o alumeado conta con 107.600 leds repartidos entre ambas instalacións.

Ao alumeado xa instalado no interior da Praza, sumarase o alumeado ornamental da cidade, que na contorna da Praza e do Mercado contará con 8 arcos (5 en Quiroga Ballesteros e 3 en Santo Domingo) e unha figura en 3D na contorna da Praza, cun mínimo de 2.600 puntos de luz.