Skip to main content
Lugo

Fran Xusto novo adestrador do CD Lugo

Por 24 Novembro, 2022Sin comentarios

O CD Lugo fai oficial a incorporación do técnico Fran Xusto como novo adestrador do club amurallado tras chegar a un acordo co CD Arenteiro. Desde esta entidade “queren agradecer ao CD Arenteiro a súa disposición intachable en todo o proceso realizado, facilitando a chegada do novo adestrador albivermello”.

Xusto supón unha das realidades emerxentes máis importantes do panorama técnico en Galicia. Trátase dun adestrador de crecente percorrido, e que vén realizando importantes tempadas, en conxuntos como o Ourense CF, ou o CD Arenteiro. Todo iso, conseguindo recoñecementos nacionais, como a Copa Federación, sendo actual líder indiscutible do seu grupo, e habendo recentemente superado na súa eliminatoria de Copa do Rey á VDE Almería.

Preparación, proxección e método demostrado, nunha incorporación coa que o CD Lugo mantén a súa confianza na chegada de talento novo e capacitado, apostando, ademais, por valores do fútbol galego.

O novo adestrador dirixiu a súa primeira sesión no Ceao, en horario de tarde, e será presentado ante os medios de comunicación hoxe ás 13:00 no estadio Anxo Carro.