Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

Mañá nova xornada do ‘Divúlgat’ con monólogos sobre ciencia

Por 28 Novembro, 2022Sin comentarios

O evento de divulgación científica ‘DivúlgaT  mañá martes 29 de novembro, a partir das 19.30 horas, na Casa do Saber, unha nova xornada que contará con petiscos das liñas e proxectos de investigación que se están a desenvolver no Campus Terra da sede universitaria luguesa. A mocidade investigadora aproveitará estas intervencións para presentar en lingua galega os seus respectivos ámbitos de traballo e proxectos de I+D. A entrada é libre e de balde para todo o público interesado.

O programa, promovido polo Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da USC, en colaboración co Campus Terra, ofrece nesta segunda e última quenda de monólogos científicos de 2022 petiscos da investigación que está a desenvolver Nerea Gandoy
Fieiras, quen abrirá o acto co relato Amor a primeira vista!, ao que seguirá a intervención de Adrián Casanova Chiclana E ti de quen vés sendo?, dille o xenetista á troita.

Os monólogos Migrantes audiovisuais e redes, da man de Daniel Manuel Vázquez Vila, e Incendios forestais e herbivorismo pírico, a cargo de María Rosa Mosquera, darán continuidade a unha sesión na que Gonzalo Pérez de Lis e Ana Paula Losada ofrecerán cadansúa charla baixo os títulos As árbores non poden correr, pero si adiantar a hora, e Megaestruturas dos organismos vivos: a saúde comeza no intestino. O monólogo Unha vaca moi intelixente’, a cargo de Uxía Yáñez Ramil, completará o programa de faladoiros desta nova edición do ciclo DivúlgaT.