Skip to main content
Lugo

Rexeneran o firme da avenida García Portela e da rotonda da praza de Avilés

Por 29 Novembro, 2022Sin comentarios

Dende o Goberno de Lugo, a través da concellería de Infraestruturas Urbanas, están a traballar na renovación do asfalto da avenida García Portela e da rotonda da praza de Avilés, así o anunciou o tenente alcalde, Rubén Arroxo. Arroxo explicou que “esta zona acolle unha gran cantidade de tráfico e contaba cun asfalto moi deteriorado”. O tenente alcalde anunciou que “unha vez completada esta actuación, a veciñanza que reside e traballa por esta zona poderá desfrutar dunha rúa totalmente renovada”.

Os traballos que se están a executar nesta zona consisten na renovación da banda de rodadura aplicando mestura asfáltica en quente, o que asegurará un selado do firme ante a acción da auga superficial, e garantirá unha duración prolongada da actuación.

“Desde o Goberno de Lugo seguimos traballando para que todas as infraestruturas públicas da cidade estén en bo estado, tanto na zona urbana como nos barrios periurbanos, mellorando a cidade e aumentando a calidade de vida das veciñas e veciños que a diario utilizan estas rúas”, afirmou Rubén Arroxo.