Skip to main content
Lugo

Ciudadanos pide dotar de baños o Anexo do Pazo

Por 30 Novembro, 2022Sin comentarios

O concelleiro de Ciudadanos Juan Vidal-Pardo insta ao Goberno local a “levar a cabo as xestións necesarias para que a contorna das Pedreiras conte coa seguridade viaria acorde a unha zona de uso masivo e insta a Méndez a equipar o Anexo con aseos”.

“A rúa Filarmónica Lucense atópase nun estado deplorable. Trátase dun espazo deteriorado no que se evidencian anos de abandono. Carece das máis mínima medida de seguridade, os pasos de peóns está borrados, o firme deteriorado e a iluminación é deficiente. Non podemos obviar que se trata dunha vía moi concorrida na que continuamente existe unha trasfega de usuarios das instalacións deportivas e na que se rexistra unha afluencia moi alta de menores cuxa seguridade viaria está altemente comprmetida” sinalou o edil da formación laranxa.

“A deterioración deste espazo deportivo complétase coa ausencia de baños no pavillón anexo ao Pazo que ademais ten numerosas pingueiras. É intolerable que os centos de menores e adultos que cada semana desenvolven aquí a súa actividade deportiva estean a recorrer á Carballeira contigua para facer as súas necesidades. As solucións son sinxelas e múltiples. Esiximos como mínimo que o Concello instale un baño de obra, negocie unha pasarela que comunique co Pazo e a apertura permanente dos vestiarios mentres exista actividade no Anexo ou que se encargue un proxecto para dotar de vestiarios este complexo na súa fachada oeste”, sinalou o edil.

” A contorna de As Pedrerías incumpre a lei de accesibilidade. Está chea de barreiras que dificulta o uso de usuarios con discapacidade ou que impide transitar con garantías cun carriño de bebé. A iluminación pública é deficiente, o que supón un risco para o desenvolvemento da actividade deportiva para os grupos de carreira que utilizan esta zona no seu itinerario polo paseo do Miño. Ademais o firme aseméllase o dunha pista forestal en mal estado” dixo.