Skip to main content
Portomarín

Portomarín contará dende mañá cunha nova casa niño

Por 3 Novembro, 2022Sin comentarios

Portomarín contará cunha nova casa niño, A brétema do Miño, que celebrará mañá a súa inauguración ás 11.30 e pola tarde terá unha xornada de portas abertas para todos os veciños.

Este novo espazo para a atención á infancia acollerá nenos de entre 0 e 3 anos de idade. Conta cun máximo de 10 prazas distribuidas en quedan de mañá e de tarde e será un servizo gratuíto.

Esta nova casa niño encontrase integrada na rede de instalacións municipais en convivencia coa casa do maior e o futuro centro interxeneracional co obxecto de que maiores e pequenos convivan e compartan un espazo onde prime a transmisión de valores, experiencias, e coñecementos.