Skip to main content
Bóveda

Continúa en Bóveda a difusión da campaña de compostaxe domiciliaria

Por 14 Novembro, 2022Novembro 15th, 2022Sin comentarios

Hoxe luns 14 de novembro, o Concello de Bóveda segue a desenvolver en horario de 10.30 a 13.30 horas no entorno da Feira de Rubián a campaña de compostaxe domiciliaria. A iniciativa contará cun stand informativo atendido por monitores ambientais.

O Concello de Bóveda segue a desenvolver en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia -no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU-, unha campaña de compostaxe domiciliaria destinada a 50 vivendas do termo municipal.

Hoxe luns de 10.30 a 13.30 horas habilitarase no entorno da Feira de Rubián un stand informativo, atendido por monitores ambientais especialistas en xestión sostible dos residuos para que os veciños e veciñas do termo municipal se poidan informar e inscribir na campaña. Esta acción complementa á xa desenvolvida o 31 de setembro na Praza do Concello, con grande acollida entre a veciñanza.

Os veciños e veciñas interesados en adquirir un composteiro de forma totalmente gratuíta, poderán solicitalo no stand informativo habilitado ou no teléfono do concello 982 426 006 ata finais deste mes.