Skip to main content
Monforte

Os interesados en participar no Mercado de Nadal de Monforte poden realizar xa a súa inscrición

Por 24 Novembro, 2022Novembro 25th, 2022Sin comentarios

O Concello abre o prazo de solicitude para participar no Mercado de Nadal-Circuítos de Artesanía e Música Galega da Praza de Abastos de Monforte.

O Concello de Monforte informa que ven de abrir o prazo de inscrición para participar no Mercado de Nadal de Monforte de Lemos, que se celebrará na Praza de Abastos da cidade as fins de semana 10 e 11, 17 e 18, 23 e 24 de decembro de 2022.

O Mercado de Nadal é unha iniciativa de apoio e impulso ó sector artesanal, comercial e social dos produtos locais que, a través destes eventos, son unha oportunidade para dar a coñecer os seus produtos e empresas.

Os/as interesados/as en formar parte do Mercado de Nadal Circuítos de Artesanía e Música Galega terán que presentar a solicitude no rexistro xeral do Concello de Monforte ou na sede electrónica, así como por correo electrónico: emprego_pe@concellodemonforte.com ata o día 5 de decembro 2022. Deberán sinalar se están interesados en participar en un, dous ou os tres fins de semana do mercado. Tanto as bases coma a solicitude pode consultarse no seguinte enlace: https://www.monfortedelemos.es/gl/novas/2022

Ademais do mercado tamén haberá diversas actividades culturais e musicais de entretemento co obxectivo de presentar unha oferta cultural, musical e gastronómica nun ambiente de nadal, para elo ambientarase o espazo dos Mercados da Praza no espírito propio destas datas para que o público asistente goce dunha experiencia e mercado de nadal. En vindeiras datas, o Concello dará a coñecer o programa completo de actividades.

Este mercado é organizado polo Concello de Monforte ó abeiro do proxecto Circuítos de artesanía e música galega, que o Concello pon en marcha co financiamento do programa Territorio Cultura Campaña financiada pola Unión Europea NextGeneration, concedido a través da Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia.