Skip to main content
Pantón

Este sábado Pantón celebrará o seu tradicional magosto

Por 8 Novembro, 2022Novembro 9th, 2022Sin comentarios

Este sábado 12 de novembro terá lugar no concello de Pantón unha xuntanza para tódolos veciños e veciñas da contorna que poderán desfrutar dun magosto acompañado de touciño e da mellor música.

O encontro terá lugar ás 19.00 horas na Praza do Concello e nel poderanse degustar quilos e quilos de castañas asadas acompañadas do mellor touciño. Todo isto, xunto coa música de Brais DJ que amenizará o evento.

A entrada é libre e gratuíta ata encher aforo e espérase moi boa acollida.

O magosto, é unha homenaxe a un dos froitos típicos do outono como é a castaña, é unha celebración popular da súa colleita. En centos de aldeas de Galicia, os veciños reúnense nesta época para asar castañas e acompañalas de viño ou mosto da recente vendima, moitas veces xunto con churrasco, sardiñas á brasa ou coma neste caso, touciño.