Skip to main content
Pantón

Desfruta o 11 de decembro dun concerto na igrexa de Santiago de Vilar de Ortelle, en Pantón

Por 28 Novembro, 2022Decembro 13th, 2022Sin comentarios

A igrexa de Vilar de Ortelle, en Pantón, converterase o vindeiro domingo 11 de decembro no escenario perfecto para acoller ás 17.00 horas un concerto do dúo Alendalúa.

Da man de Alendalúa, os asistentes terán a oportunidade de viaxar por medio da música á Idade Media.

Esta formación ourensá composta por Irma Fernández Alonso e Juan Manuel Vázquez, interpretará pezas de Afonso “O Sabio”, Martín Codax, e de música sefardí entre outras moitas. Farán uso do órgano portativo, percusión, oud, vihuela de man e cítola.

Esta actividade gratuíta está dirixida a público de tódalas idades e espérase moi boa acollida do evento, na súa organización colaboraron a asociación cultural Segredos de Pantón e a parroquia de Santiago de Vilar de Ortelle, coa axuda da Diócese de Lugo.

Segredos de Pantón

Segredos de Pantón é un colectivo nado no ano 2016, que non chega a formalizarse como asociación cultural ata 2019.

Dende os seus comezos como colectivo ata converterse en asociación cultural, sempre mantivo obxectivos claros entre os que se atopan: a promoción, defensa e loita polo medio rural, a defensa e promoción da lingua galega a posta en valor do patrimonio de Pantón (tanto material coma inmaterial) e por suposto, a conservación e defensa da natureza.