Skip to main content
Quiroga

Finalizan as obras na Casa da Cultura de Quiroga

Por 11 Novembro, 2022Novembro 12th, 2022Sin comentarios

O rexedor local, Julio Álvarez, achegouse ata este edificio municipal para ver como quedaron os traballos de pintado da fachada que veñen de rematar esta semana.

Realizouse o lavado, a impermeabilización e o pintado das paredes exteriores do edificio.

A Casa da Cultura de Quiroga, unha edificación do ano 1992,  conta dende o pasado ano cunha nova cuberta realizada para solucionar os problemas de humidade que estaba a ter este inmoble municipal.

Neste ano, ademais do pintado da fachada tamén se instalou fibra óptica que permite un mellor servizo de internet, o que non só facilita o traballo que se realiza dende destas instalacións, se non tamén que os usuarios do servizo de ordenadores co que conta poidan navegar máis rápido.

Tamén a biblioteca, situada na planta alta do edificio, conta con novo mobiliario que permite albergar un maior número de libros de lectura e consulta.