Skip to main content
Quiroga

Remata a segunda fase da pavimentación do núcleo de Vieiros, en Quiroga

Por 19 Novembro, 2022Novembro 21st, 2022Sin comentarios

Están a desenvolverse no núcleo de Vieiros, no municipio de Quiroga, varias obras de mellora e acondicionamento e veñen de rematar os traballos de pavimentación.

Ademais destes traballos de pavimentación con pedra rústica, realizouse tamén o saneamento e a canalización de augas e electricidade.

O alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, acompañado do concelleiro de Xuventude e Medio Ambiente, Luis Manuel Arias, achegouse ata este núcleo para comprobar como quedaron estes traballos.

Este núcleo que se atopa a máis de 900 metros de altitude dentro da parroquia da Seara, estivo practicamente deshabitado nos anos 90, pero agora recuperou algúns veciños e veciñas que están poñendo en marcha proxectos de rehabilitación.

O núcleo conta con extraordinarios recursos naturais, como a fervenza de Vieiros, potenciada dende fai anos polo concello cunha ruta que permite contemplar esta espectacular fervenza e o río Selmo.

O goberno local, aposta porque este núcleo poida ser “un referente turístico e ambiental do Xeoparque Montañas do Courel como xa é a Seara, núcleo moi próximo a Vieiros”, afirma Julio Álvarez.

Esta obra, tanto na primeira fase do proxecto como nesta segunda, está enmarcada dentro do Plan Único de Cooperación entre a Deputación Provincial e o Concello de Quiroga.