Skip to main content
Ribas de Sil

Ribas de Sil acolle maña un obradoiro de grafiti para rapaces

Por 3 Novembro, 2022Novembro 4th, 2022Sin comentarios

Maña venres 4 de novembro terá lugar na praza do concello de Ribas de Sil un obradoiro de grafiti gratuíto para tódolos rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 11 e os 18 anos.

Nesta iniciativa que dará comezo ás 17.00 horas poderá apuntarse todo aquel que o desexe pedindo información nas oficinas do concello ou chamando ó teléfono de contacto 657 512 562. O obxectivo é pasar un rato divertido onde a creatividade e a imaxinación sexan as protagonistas.

O grafiti

Esta modalidade de pintura libre, ten coma escenario principal os espazos urbanos. A súa orixe remóntase ás inscricións que quedaron nas paredes dende os tempos do Imperio romano, especialmente as que son de carácter satírico ou crítico.

A linguaxe común do grafiti é o resultado de pintar textos abstractos nas paredes de maneira libre, creativa e ilimitada con fins de expresión e divulgación onde a súa esencia é cambiar e evolucionar; buscando ser un atractivo visual de alto impacto para a sociedade, como parte dun movemento urbano revolucionario e rebelde. É un dos catro elementos que forman parte da cultura Hip Hop.