Skip to main content
O Saviñao

Adiada en Escairón a obra de teatro Asasinato na Tenda de Roupa

Por 11 Novembro, 2022Novembro 12th, 2022Sin comentarios

Esta comedia para tódolos públicos representada polo grupo de teatro do Hospital Universitario Lucus Augusti que tiña prevista a súa celebración para maña sábado día 12, viuse adiada pola enfermidade dunha das súas actrices principais.

A nova data de representación de Asasinato na Tenda de Roupa, está prevista para o vindeiro sábado 19 de novembro ás 18.00 horas no Auditorio de Escairón, no Saviñao.

Esta obra de Pepe Vázquez Peinó cuxo director é Carlos Rebolo, ten unha duración de 60 minutos e conta a historia de Dona Katiusca, propietaria dunha tenda de roupa que dirixe cunha actitude claramente tiránica. Na vida desta muller agóchanse unha chea de maldades e trampulladas. Un día calquera, a tenda énchese de clientas. Todo transcorre con normalidade ata que se descobren varios cadáveres. A situación complícase, pero aparecen en escena o gran detective Sherlock Sánchez e máis o seu axudante Cirilo Burrámez, que conseguen resolver os crimes e desentrañar os segredos de Dona Katiusca.