Skip to main content
O Saviñao

O venres desfruta dun contacontos para tódolos públicos no Saviñao

Por 20 Novembro, 2022Novembro 21st, 2022Sin comentarios

O venres 25 de novembro ás 17.30 horas no Auditorio de Escairón, no Saviñao, terá lugar o contacontos Filipa cos contos con entrada de balde.

Grazas á organización de A MESA Lemos e en colaboración co Concello do Saviñao terá lugar esta sesión de contos para toda a familia.

Historias tradicionais, música e humor repártense entre os dous contadores que soben a escena: o actor Fran Campos e a súa amiga Filipa, que dará un valor engadido ás historias de carácter tradicional: a súa experiencia. Pero ollo que non son so uns contos calquera, entre eses contos haberá tamén historias cantadas, historias e xogos de palabras feitas cancións, historias non só da nosa contorna máis próxima senón tamén doutras terras e contos acompañados dunha guitarra.

Fran Campos e Filipa, os dous e cadaquén ó seu xeito, farán posible unha sesión para tódolos públicos. Tanto nenos e nenas como maiores poderán gozar, aprender e reflexionar dende as súas distintas versións dos contos populares.