Skip to main content
Triacastela

A ANPA CEIP de Triacastela impartirá o día 26 unha charla para educar en igualdade

Por 15 Novembro, 2022Decembro 13th, 2022Sin comentarios

A ANPA CEIP de Triacastela convida a tódalas nais, pais e demais familiares que queiran aprender a educar en igualdade dende o fogar, a unha charla de educación  impartida por Pilar Porral o vindeiro 26 de novembro ás 17.00 horas na Fonte do Lunar.

Baixo o título Educación en Igualdade para familias, celebrarase esta charla que se enmarca dentro das actividades subvencionadas pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e financiada polo Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero.

Pilar Porral

É a directora da entidade especializada en coeducación Coeduc@, que se central fundamentalmente na elaboración de Planes de Igualdade específicos.

Promove un modelo educativo baseado na Educación en Igualdade para centros escolares, entidades locais, autonómicas ou privadas que queiran integrar a perspectiva de xénero no seu labor profesional.

A entidade nace pola sensibilidade e formación en materia de Igualdade da súa directora, Pilar Porral, e pola súa preocupación polo aumento da violencia de xénero e do acoso escolar entre a mocidade.

Periodista de profesión, Pilar Porral amosa o seu compromiso pola Igualdade entre mulleres e homes, o que a levou a fundar a primeira consultoría de coeducación de Galicia co obxectivo de contribuír a unha sociedade máis igualitaria.