Skip to main content
Sarria

Sarria acolle no mes de decembro a XVII Festa dos Maiores

Por 24 Novembro, 2022Decembro 13th, 2022Sin comentarios

O sábado 10 de decembro os maiores da vila de Sarria teñen unha cita co Concello na XVII Festa dos Maiores que terá lugar no pavillón dos institutos logo de tres anos sen celebrarse.

A celebración terá lugar o 10 de decembro a partir das 12.00 horas e os maiores poderán desfrutar de comida da zona, ó tempo que cantan e bailan acompañados pola mellor música.

Ás 12.00 horas haberá unha misa cantada, ás 14.00 horas unha comida que terá un prezo de 10 euros para os maiores e 20 para os acompañantes, e ás 16.30 horas terá unha homenaxe ás parellas asistentes que celebraran as súas vodas de ouro entre o 2020 e o 2022.

O evento finalizará con baile e música en directo, que dará comezo a partir das 17.30 horas.

Para recoller as tarxetas da comida será preciso acudir ó Concello ou nos pobos e parroquias da contorna falar co pedáneo correspondente. Os interesados en asistir poderán chamar ó teléfono do Concello 982 535 000.

O prazo para realizar as inscricións estará aberto ata o mércores 30 de novembro.