Skip to main content
O Incio

O Grupo Coral Sarricanta actuará este domingo na Igrexa de Santa Cruz do Incio

Por 28 Novembro, 2022Decembro 13th, 2022Sin comentarios

Está prevista para este domingo 4 de decembro a actuación do Grupo Coral Sarricanta na Igrexa de Santa Cruz do Incio.

O evento que dará comezo ás 11.00 horas será de balde polo que poderán asistir tódolos interesados en desfrutar dunha misa cantada e a posterior actuación dos integrantes de Sarricanta ó remate da misa.

Esta actuación do Grupo Coral Sarricanta, enmárcase dentro do Programa Tradigalu levado a cabo pola área de cultura da Deputación de Lugo.

O programa Tradigalu

Esta iniciativa levada a cabo pola Deputación de Lugo, ten o obxectivo de achegar as actuacións de bandas, corais e grupos tradicionais polas distintas comarcas ata finais deste ano, para  apoiar a estas agrupacións que difunden e conservan a música tradicional e popular.

O programa conta cun orzamento total de 150.000 euros. A vicepresidenta da Deputación Maite Ferreiro, explicaba que “con esta iniciativa inténtase manter o apoio a estas agrupacións musicais que, ademais de conservar e difundir a música tradicional cos seus repertorios e actuacións, desenvolven unha importante labor formativa impartindo clases de música e de baile e dinamizando culturalmente as parroquias e concellos”.