Skip to main content
Sarria

Desfruta este sábado en Sarria da comedia O Crime de Lady Sibila

Por 29 Novembro, 2022Decembro 13th, 2022Sin comentarios

O Crime de Lady Sibila chega este sábado á vila de Sarria da man de Teatreiras, a representación terá lugar na Biblioteca e Casa da Cultura do municipio ás 19.30 horas.

O Crime de Lady Sibila é unha comedia de enredo dirixida a tódolos públicos. Ten unha duración de 75 minutos e é unha adaptación que Francisca Abeledo fai da obra Os crimes de Sir Arthur Saville, de Oscar Wilde.

A obra conta a historia de Lady Sibila que está a punto de casar con Lord Artur. Nunha festa organizada na súa honra pola súa extravagante amiga Lady Winder, coñece a un famoso quiromántico que lle presaxia un destino fatal logo de lerlle as liñas da man. A inxenuidade leva á xove Sibila a obsesionarse coa predición, o que desencadeará unha serie de estrafalarias situacións e enredos de inesperado desenlace.

O grupo de teatro afeccionado Teatreiras de orixe monfortino, baixo a dirección e coordinación de Francisca Abeledo, é o responsable de facer desfrutar ó público con obras coma Realité ou Teatro e Mulleres.