Skip to main content
O Incio

O Incio busca cubrir unha praza de xuíz de paz

Por 10 Novembro, 2022Novembro 11th, 2022Sin comentarios

Vénse de abrir no concello do Incio unha convocatoria para a busca dunha persoa que desenvolva os labores de xuíz de paz por un período de catro anos.

Os aspirantes que participen nesta convocatoria deberán reunir os seguintes requisitos: ser español/a e maior de idade e non estar mergullado en causas de incapacidade previstas no artigo 303 da Lei Orgánica do Poder Xudicial (así coma nas causas de incompatibilidade e prohibicións sinaladas nos artigos 389 e 397 da antedita Lei, a excepción das actividades establecidas no artigo 14.2 do Regulamento 3/1995). As causas de incompatibilidade e prohibicións operarán con posterioridade ó nomeamento.

As solicitudes que se presenten para cubrir o cargo deberán ir dirixidas ó alcalde, debendo achegar os seguintes documentos: o certificado de nacemento e unha fotocopia autenticada do DNI, un certificado médico acreditativo de que a persoa non está impedida física o psiquicamente para o exercicio da función xudicial, un certificado de antecedentes penitenciarios expedido polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes, unha declaración complementaria de conduta cidadá á que se refire o artigo 2.1 da Lei 68/80 referente a se se atopa inculpado e unha xustificación dos méritos que se poidan alegar.

A presentación das instancias deberá realizarse no Rexistro do Concello do Incio ou por calquera dos medios dispostos no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, durante un prazo de 10 días naturais, a contar dende o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia.