Skip to main content
O Incio

O Incio celebra hoxe a primeira convocatoria do pleno municipal no Salón de sesións do Concello

Por 29 Novembro, 2022Novembro 30th, 2022Sin comentarios

O Concello do Incio celebrará na tarde de hoxe a primeira convocatoria do pleno municipal, no que se buscará acadar a resolución da acta da sesión anterior e se abordarán temas coma a aprobación do Convenio do Servizo Comarcal de Atención Temperá para o período que abrangue dende o 1 de novembro ó 31 de outubro de 2024 ou a elección dun xuíz de paz, entre outros.

Hoxe celebrarase a primeira das sesións do pleno ordinario municipal, que terá a súa segunda convocatoria este xoves 1 de decembro ás 09.15 horas.

Os asistentes debaterán temas referidos á aprobación do Convenio do Servizo Comarcal de Atención Temperá para o período que abrangue dende o 1 de novembro ó 31 de outubro de 2024, a elección dun xuíz de paz ou a Declaración de actividade económica dos apartamentos turísticos na parroquia de Trascastro como de especial interese ou utilidade por concorrer ó fomento de emprego.

Por outra banda, abordarase a execución orzamentaria do terceiro trimestre deste 2022 e proporcionarase a información relativa ó Período medio de pago e falarase do custo efectivo dos servizos do ano 2021 (correspondente ó expediente 59/2022).