Skip to main content
Láncara

Acode a clases para o coidado da pel o sábado na Pobra de San Xiao

Por 14 Novembro, 2022Novembro 15th, 2022Sin comentarios

Este sábado 19 de novembro ás 18.00 horas terá lugar no Polifuncional do Campo da Feira da Pobra de San Xiao, unha clase sobre o coidado da pel.

Serán benvidos e benvidas todos aqueles que desexen aprender a coidar a súa pel e coñecer unha oportunidade coma esta que poderá cambiar os seus hábitos de beleza e ampliar os seus coñecementos.

Non só terá lugar esta clase senón que tamén haberá sorpresas para os asistentes coma a celebración dun sorteo.

Esta iniciativa está organizada por Lucía López, consultora de beleza independente Mary Kay, en colaboración co Concello de Láncara.

Os interesados e interesadas en asistir poderán realizar as inscricións ata este xoves 17 de novembro nos teléfonos 982 543 077 ou 620 022 879.