Skip to main content
Paradela

O Concello de Paradela realizará maña e o xoves a recollida de plásticos de silo

Por 8 Novembro, 2022Novembro 10th, 2022Sin comentarios

Ponse en marcha no concello de Paradela unha nova recollida de plásticos de silo e de invernadoiros para que os gandeiros poidan desfacerse dos plásticos sobrantes ou xa usados nas súas explotacións.

Os requisitos para levar a cabo tal recollida son sinxelos: só se recollerán plásticos de silo ou invernadoiro, os plásticos deberán estar atados en fardos, non poderán levar restos de terra, herba ou calquera outro material e non se poderán depositar rodas nin garrafas de plástico, só plásticos de silo.

O lugar onde os gandeiros poderán depositar estes plásticos será na explanada do mercado gandeiro de Paradela entre maña e pasado, días 9 e 10 de novembro, en horario de 09.00 a 14.00 horas. Persoal do Concello estará neste punto para controlar a recollida.

Para calquera dúbida, pódese chamar ó teléfono 982 541 101. Dende o propio Concello anuncian que non se poderán realizar máis descargas de plásticos ata novo aviso.