Skip to main content
Paradela

O mércores realizarase en Paradela a recollida de residuos non domésticos

Por 11 Novembro, 2022Novembro 12th, 2022Sin comentarios

Tal e como fixo saber o alcalde do municipio José Manuel Mato Díaz, o vindeiro mércores 16 de novembro realizarase en Paradela a recollida de residuos que non sexan considerados domésticos.

Co fin de dar solución ó problema que se presenta para cada un dos domicilios ó desfacerse deste tipo de obxectos xa que moitos deles non poden ser depositados no contedor de lixo correspondente nin recollidos polo camión do lixo debido ás súas dimensións, o Concello decidiu establecer gratuitamente a recollida de aparellos como colchóns, neveiras ou lavadoras.

Estes obxectos deberán ser depositados nas inmediacións do contedor existente o mércores día 16 e previamente, o veciño ou veciña que o faga, deberá comunicar o tipo de residuo que deixa ó Concello de maneira persoal ou ben cunha chamada de teléfono ó 982 541 101.

Dende o Concello, tamén piden a colaboración de tódolos veciños e veciñas para que o lixo doméstico sexa depositado dentro dos contedores en bolsas pechadas e non depositar ningún outro obxecto como ocorre ás veces.