Skip to main content
Paradela

Paradela acolle maña mércores a presentación do libro A Paradela dos Máis Novos

Por 22 Novembro, 2022Novembro 23rd, 2022Sin comentarios

Dentro dos actos organizados con motivo do Bicentenario de Paradela, o municipio acollerá maña mércores 23 de novembro a presentación do libro A Paradela dos Máis Novos, do que son autores estudantes de Infantil, Primaria, Eso e Bac do concello de Paradela.

Maña día 23 no Colexio de Paradela, vaise presentar o libro A Paradela dos Máis Novos, do que son autores un total de 63 estudantes (44 son alumnos de Infantil e Primaria do Ceip San Miguel de Paradela e 21 de Eso e Bac dos institutos Xograr Afonso e Gregorio Fernández de Sarria).

Tódolos traballos dos estudantes do Ceip de Paradela foron coordinados polos profesores Tania Taboada, Ligia López, Rocío Castro, Alejandro Ferreiro, Sonia López e Adela López (directora). Os traballos dos alumnos paradelenses do Xograr Afonso foron coordinados polas profesoras Remedios Sánchez e Lola Chaos, e os do Gregorio Fernández polo profesor Eduardo Rey.

O libro conta con orixinais debuxos de Fani Padullés, artista catalana afincada en Paradela.

A obra enmárcase dentro do Bicentenario de Paradela, para dar voz aos paradelenses máis novos dentro das celebracións desta efeméride.

A presentación, dirixida especialmente aos máis novos de Paradela, celebrarase ás 12.00 horas coa asistencia do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García Gómez, o alcalde de Paradela, José Manuel Mato Díaz, a ilustradora do libro e o profesorado colaborador.