Skip to main content
Axenda CaducadaO Páramo

A obra O Vixiante dos soños chega ó Páramo en decembro

Por 20 Novembro, 2022Decembro 13th, 2022Sin comentarios

A obra de teatro con monicreques O Vixiante dos soños da compañía Ubú teatro chega ó CEIP Plurilingüe do Páramo o vindeiro 22 de decembro ás 12.00 horas.

Esta obra de teatro con monicreques que se dirixe a un público familiar a partir de 3 anos ten unha duración de 45 min e conta coa actuación das titiriteiras Marga Portomeñe e Ana Carreira. A autora da obra é Ana Carreira e o seu director José Campanari.

A obra conta a historia de Sonólicus, unha personaxe que quere chegar á lúa dende pequeno. Busca no reflexo das pozas e dos espellos, sube ás caixas amoreadas e aos tellados, e tantos esforzos fai por conseguilo e tanto estira os brazos cara á lúa, que lle medran ata a deformidade. O seu empeño semella unha fantasía infantil da que a nai é testemuño.

Unha noite acaba de medrar e, non só acada o seu obxectivo de acompañar á lúa, senón que se converte para sempre no vixiante do sono e dos soños infantís.