Skip to main content
Sarria

Esta fin de semana, o baloncesto é o protagonista en Sarria

Por 5 Novembro, 2022Novembro 7th, 2022Sin comentarios

As distintas categorías do CB Sarria disputarán varios partidos ó longo da xeografía galega que darán comezo esta maña ás 10.15 horas.

O primeiro equipo en xogar este sábado será o Cemento Cosmos CB Sarria, da Segunda División Infantil Masculina, que o fará no pavillón Novo Chanto de Sarria contra o Ensino Lugo.

Ás 11.30 horas no pavillón anexo 2 en Lugo, será a quenda da Segunda División Cadete Masculina, un partido no que xogarán membros do Estudantes Lugo Río de Galicia contra os do Oral Design CB de Sarria.

Posteriormente, ás 12.00 da maña terá lugar no pavillón Novo Chanto de Sarria un partido da Primeira División Mini Feminina entre o Autovalfer CB Sarria contra o Montrove.

Xa pola tarde, ás 16.00 horas no pavillón Marzán de Foz, xogará a Segunda División Sénior Feminina disputando un partido entre o Adamo Celtas Foz contra o equipo Floristería Madeira CB Sarria. E ás 18.00 horas no Pazo dos Deportes de Arteixo, será a quenda da Segunda División Sénior Masculina onde veremos un partido entre o CB Arteixo Duacode e o MGR CB Sarria.

Con respecto a maña pola maña, terán lugar dous partidos. O primeiro deles, ás 10.45 horas no pavillón Marzán de Foz no que xogará a Segunda División Cadete Feminina. O partido será entre os Celtas CCA Foz e Saneamientos Sarria CB Sarria.

E ás 11.00 horas no pavillón Vista Alegre de Burela terá lugar un partido da categoría preinfantil feminina, xogará o equipo ACAD A Mariña Burela contra Casa Barbadelo CB Sarria.