Skip to main content
Sarria

Este sábado Sarria acollerá o primeiro acto de irmandamento co Escorial

Por 14 Novembro, 2022Novembro 15th, 2022Sin comentarios

Este sábado 19 de novembro terá lugar na vila de Sarria o primeiro acto do irmandamento entre o municipio e El Escorial. Nesta iniciativa participarán o seu alcalde, tres concelleiros e tamén o seu cronista oficial.

Por ser o ilustre chocolateiro sarriao Matías López o personaxe que une ambas vilas, celebrarase unha festa na que o chocolate será o protagonista coa colaboración de distintos artesáns naturais de Sarria.

Terá lugar na Praza da Vila, se o tempo o permite e en caso de choiva, a Sociedade A Unión cederá as súas instalacións.

As respectivas corporacións aprobaron por unanimidade este irmandamento en senllos plenos celebrados o 15 de setembro no Escorial e o día 29 en Sarria. O obxectivo principal deste proxecto non é outro que entrar en contacto co legado que deixou Matías López nestes dous municipios, e levar a cabo accións conxuntas para promover o turismo e o intercambio cultutal.