Skip to main content
Sarria

Os locais de hostalería de Sarria poden inscribirse xa na XV edición do Tapicheo

Por 17 Novembro, 2022Novembro 19th, 2022Sin comentarios

A vila de Sarria organiza neste 2022 a edición número quince do seu tradicional concurso de tapas Tapicheo. Os establecementos de hostalería do municipio poden apuntarse xa para participar ata o 24 de novembro ás 14.00 horas.

O concurso de tapas Tapicheo que se celebra en Sarria un ano máis, vén de abrir o prazo para presentar as solicitudes de participación. Terá lugar entre os días 7 e 11 de decembro e nel participarán un total de 15 establecementos.

O horario mínimo obrigatorio para servir as tapas será de 20.00h a 23.00 horas e o prezo estará comprendido entre os dous e os tres euros.

Entregaráselle a cada establecemento un cartel co que quedará claramente identificado como participante do concurso, unha urna e as correspondentes tarxetas de votación para que os clientes poidan emitir o seu voto.

A data límite para depositar os votos serán as 23.59 horas do 12 de decembro de 2022.

Unha vez finalizado o concurso, procederase á recollida das urnas nos días posteriores. Do reconto dos votos por parte do xurado popular sairán seis finalistas que  realizarán as tapas en días posteriores á finalización do concurso para a degustación por parte do xurado profesional.

A degustación destas tapas polo xurado profesional, realizarase en días posteriores á finalización do concurso, unha vez efectuado o reconto de votos populares.

Os premios para os establecementos gañadores (primeiro, segundo e terceiro premio), entregaranse durante a celebración da Cena de Hostalería da Comarca de Sarria e consistirán nun trofeo acreditativo para cada un dos premiados.

Os establecementos participantes no XV concurso de tapas Tapicheo 2022 ofrecerán tamén premios para os clientes que participen na votación da categoría de xurado popular como ceas, lotes de botellas de

viño e licores, tarxetas de regalo de viaxes… pero para conseguilos será obrigatorio ter a tarxeta de votación debidamente cumprimentada e selada como mínimo por tres establecementos (dos 15 dispoñibles).

Para entrar no sorteo dun bono regalo válido por unha viaxe por cortesía dos establecementos participantes, será obrigatorio que a tarxeta de votación estea debidamente cumprimentada e selada por tódolos establecementos participantes no concurso.

As solicitudes de inscrición para os establecementos pódense realizar no seguinte enlace: https://sarria.sedelectronica.es/?x=tyMPsH9A9Qtm1qS42-1HSQ

Para realizar a inscrición é obrigatorio realizar previamente o pago dunha cota de 30 euros, mediante ingreso ou transferencia bancaria ó seguinte número de conta: ABANCA ES43 2080 0143 3631 1000 0018. Deberase reflectir no concepto do ingreso a palabra Tapicheo seguida do nome do establecemento participante.