Skip to main content
Sarria

Chega a Sarria a XV edición do concurso de tapas Tapicheo

Por 30 Novembro, 2022Decembro 13th, 2022Sin comentarios

A vila de Sarria organiza neste 2022 a edición número quince do seu tradicional concurso de tapas Tapicheo, que terá lugar no municipio entre os días 7 e 11 de decembro.  Nel participarán un total de vinte establecementos de hostalería, tres máis co ano pasado.

O Tapicheo celebrarase entre o mércores día 7 e o domingo 11 e os establecementos participantes serán: Adarve, El Parisien, D’Orixen, La Taza Dorada, Don Pepe, Central, 8 Mm, As The Picas, Next, Santiago, Mesón Roberto, Alfonso IX, Pizzería Salento, O Chanto, Barullo, Dp Cristal, Casino, D’Pont, Cubano e Terraza Roma.

O horario mínimo obrigatorio para servir as tapas será de 20.00h a 23.00 horas e o prezo estará comprendido entre os dous e os tres euros.

Entregaráselle a cada establecemento un cartel co que quedará claramente identificado como participante do concurso, unha urna e as correspondentes tarxetas de votación para que os clientes poidan emitir o seu voto.

A data límite para depositar os votos serán as 23.59 horas do 12 de decembro de 2022.

Unha vez finalizado o concurso, procederase á recollida das urnas nos días posteriores. Do reconto dos votos por parte do xurado popular sairán seis finalistas que  realizarán as tapas en días posteriores á finalización do concurso para a degustación por parte do xurado profesional.

A degustación destas tapas polo xurado profesional, realizarase en días posteriores á finalización do concurso, unha vez efectuado o reconto de votos populares.

Os premios para os establecementos gañadores (primeiro, segundo e terceiro premio), entregaranse durante a celebración da Cena de Hostalería da Comarca de Sarria e consistirán nun trofeo acreditativo para cada un dos premiados.

Os establecementos participantes no XV concurso de tapas Tapicheo 2022 ofrecerán tamén premios para os clientes que participen na votación da categoría de xurado popular como ceas, lotes de botellas de

viño e licores, tarxetas de regalo de viaxes… pero para conseguilos será obrigatorio ter a tarxeta de votación debidamente cumprimentada e selada como mínimo por tres establecementos (dos 20 dispoñibles).

Para entrar no sorteo dun bono regalo válido por unha viaxe por cortesía dos establecementos participantes, será obrigatorio que a tarxeta de votación estea debidamente cumprimentada e selada por tódolos establecementos participantes no concurso.