Skip to main content
Triacastela

Desfruta da obra A compañía solitaria do Dr Monifate maña en Triacastela

Por 4 Novembro, 2022Novembro 6th, 2022Sin comentarios

O Circuíto de Teatro Profesional da Deputación Provincial achega este maña sábado día 5 a Triacastela a obra A compañía solitaria do Dr Monifate, ás 16.30 horas na Fonte do Lunar.

Unha obra para maiores de 16 anos e dunha duración de 50 minutos, dirixida e representada por Gustavo Fouce que fará as delicias de todo o público.

A compañía solitaria do Dr Monifate conta a historia dun home que acepta e confesa a súa maldade despois de anos tentando converterse nunha boa persoa. Aínda que xa hai tempo que se descartou a frenoloxía como ciencia seguimos empregando os seus patróns de xeito inconsciente. Nacemos xa con tendencias cara certos comportamentos? Somos malas persoas disimulando para poder convivir? Somos bos e alguén nos perverte? Podemos prescindir totalmente da maldade? Unha peza sobre unha alfombra con aproximacións á comedia e ao monólogo dende unha perspectiva filosófica. Cancións e música para suavizar o mal, ou para darlle énfase. Un diálogo co público no que se permite que este responda e fale. Unha perspectiva que cuestiona da bondade de todo o ben que facemos.