Skip to main content
Comarca TERRACHÁXA

A Terra Chá manifestouse onte contra a violencia de xénero

Por 26 Novembro, 2022Novembro 29th, 2022Sin comentarios

Onte, 25 de novembro, celebrouse o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, unha data para conmemorar unha loita contra esta lacra social.

Trátase dunha acción colectiva de sensibilización social contra as violencias machistas co impulso das administracións locais, e que ano tras ano medra, involucrando a máis concellos, institucións e sectores, chegando a expandirse de xeito viral mesmo fóra de Galicia.

Aínda que está latente durante todo ou ano, é sobre todo no mes de novembro, e no 25N, cando a acción desprega a súa actividade de forma máis intensa.

Así os diferentes concellos da comarca amosaron a súa solidariedade con diferentes actividades, manifestacións e o percorrido dos bancos violetas da reflexión.