Skip to main content
Deportes LUGOXADeportes TERRACHÁXALugoMeira

Sergio Vallejo presenta o vehículo co que participará no Dakar 2023

Por 26 Novembro, 2022Novembro 29th, 2022Sin comentarios

O piloto meirego Sergio Vallejo presentou onte o vehículo que o levará, xunto a Mario G. Tomé como copiloto, a participar no Dakar 2023,  do 31 de decembro ao 15 de xaneiro.

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo é o principal patrocinador institucional do proxecto deportivo do piloto meirego, que tras  moitos anos nos rallyes de velocidade, abre unha nova etapa na súa carreira deportiva.

Sergio Vallejo debutará no Dakar aos mandos dun buggy da categoría T1. Tras levar o proxecto en segredo durante os últimos meses, nos que se estivo preparando ao volante de distintos vehículos, o piloto de Meira confirmara que disputará o rally-raid máis duro do mundo xunto ao copiloto lucense Mario G. Tomei.

Aos seus 55 anos, a primeira experiencia de Sergio Vallejo no Dakar susténtase nun proxecto con ingredientes sólidos. Durante o acto, no que se descubriu o aspecto do Century Racing CR6 co que disputarán o rally, lembrouse a traxectoria deste piloto, que entre moitas outras distincións, foi dúas veces campión de España de rallyes.

O deputado nacionalista Efrén Castro lembrou que “a traxectoria de Sergio Vallejo creou moita afección ao automobilismo en Lugo” e sinalou que “o proxecto  supón un fito para o deporte lucense xa que por primeira vez participa no Dakar un coche con piloto e copiloto lucenses na categoría T1”.