Skip to main content
Begonte

Rematan as obras de mellora da fonte de San Bieito en Begonte

Por 2 Novembro, 2022Novembro 3rd, 2022Sin comentarios

Remataron as obras de acondicionamento da fonte de San Bieito de Palermo, levadas a cabo polo Concello de Begonte, nesta infraestrutura patrimonial ubicada na parroquia de Baldomar.

As obras consistiron na limpeza da fonte e a eliminación dos caños existentes de aceiro inoxidable, que foron substituídos por uns de pedra.

Tamén revestiuse en pedra a zona da pileta, para, deste xeito, evitar fugas e mellorar a estanqueidad. Así mesmo colocáronse columnas e vigas transversais e fíxose unha solera que rodea a fonte e o lavadoiro que está situado ao lado.

A obras contou cun orzamento de case 2o.000 euros co obxectivo de poñer en valor unha estrutura de pedra que data de 1881, situada ao pé da nacional VI e lugar de peregrinación para a veciñanza. Esta fonte, coñecida tamén como o San Bieito Negro, tamén acolle unha romaría popular.