Skip to main content
Begonte

O belén de Begonte abrirá as súas portas o día 2 no seu cincuenta aniversario

Por 25 Novembro, 2022Novembro 26th, 2022Sin comentarios

O venres 2 de decembro, o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela, será o encargada de inaugurar unha nova edición do belén de Begonte, que este ano celebra o seu cincuenta aniversario.

O acto inaugural terá lugar, coma sempre, no salón de actos do centro cultural José Domínguez Guizán, a partir das 19,00 horas.

A apertura ao público do Belén efectuarase, como é tradicional, o primeiro sábado do mes de decembro, despois da misa polos amigos do belén falecidos, que se celebrará na igrexa parroquial de Begonte ás 18.00 horas.

A organización do belén e tamén do Concello queren que este cincuentenario sexa especial polo que teñen previsto realizar unha serie de actividades e lembranzas deste tempo, que se iniciou no ano 1972, cando foi fundado polo crego local, José Dominguez Guizán, e o artista José Rodríguez Varela.

Fai unhas semanas, o Papa Francisco recibiu de mans do alcalde de Begonte, José Ulla, e do tenente de Alcalde, Luis Luaña, un recordo e tamén unha explicación sobre o Belén de Begonte, declarado de Interese Turístico Galego.

Unha comisión formada por persoeiros da localidade, á fronte da que estaba o alcalde, fixo entrega ao Papa dunha escultura do artista lucense César Lorenzana, que non é outra que unha maqueta do monumento que se vai instalar na praza Irmáns Dominguez Guizán, á beira do belén, como primeiro dos elementos que van situarse en cada unha das parroquias do Concello como símbolo de que todos os camiños de Begonte conducen ata o Belén.

En entre outras das accións que se organizarán para celebrar este aniversario está a elaboración dun mural a través de Diego As que se situará na N-VI.

O belén de Begonte volveu abrir o ano pasada tras unha edición pechado pola pandemia. Aínda que se volveu á presencialidade, as visitas fixéronse en grupos reducidos, rexistrados previamente a través de internet ou telefónicamente, atendendo tamén a quen acudía sen reserva na medida en que as disponibilidades de espazo o ían permitindo.

Estímase en algo máis de 14.000 visitas as recibidas nos case dous meses de funcionamento do belén o ano pasado, ás que hai que sumar as 12.500 (algo máis de 200 diarias) visitas á páxina web desde diversos puntos do mundo, sendo maioría os españois e, dentro deles, os galegos.